Durante os
últimos meses, a poboación da comarca do Salnés foi
entrevistada por un conxunto de enquisadores/as con motivo da
realización do proxecto nomeado “Plan
de Normalización Comercial na Comarca do Salnés”.
Este proxecto
parte dunha iniciativa da Fundación Comarcal do Salnés (financiado
a través do Proder II) e en colaboración co Consorcio do Salnés
(entidade que une a todas as Asociacións comerciais e CCAbertos da
Comarca). O obxectivo fundamental do proxecto é apoiar a mellora do
sector comercial baseándose na potenciación dun comercio de calidade
capaz de converterse e consolidarse como un dos motores de dinamización
económica da comarca.
O proxecto
consistíu nas seguintes fases:
Diagnose de situación do
sector comercial e análise dos mercados obxectivos.
Deseño da Imaxe Corporativa
do Comercio.
Deseño
dun Plan de Acción específico: deseño de campañas
promocionais.*
Edición do Manual do Comercio
Excelente co correspondente proceso de certificación e a
Carta de Servizos do Comercio do Salnés.
Análise de posibilidades de
realización de servizos conxuntos e Proposta de creación de
Central de Compras e Servizos.
Dirección y teléfonos de contacto
Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Salnés
Paseo da Calzada, s/n - 36.630 Cambados, Pontevedra
Telf.:986 52 10 12 / 986 52 60 13
Fax:986 52 40 12
e-mail: fdcsalnes@salnes.info /
exposalnes@xunta.es
Ámbito de actuación, Ayuntamientos de la comarca de O Salnés: